12/03/2017

FRAN ALONSO

Neste mes de marzo recibiremos no colexio a visita do escritor Fran Alonso. 
Para ir coñecéndoo un pouquiño máis remexede por aquí.

02/03/2017

8 de MARZO. DÍA DA MULLER.

Para conmemorar e reinvidicar os dereitos das mulleres, dende a biblioteca propoñémosvos investigar e traballar sobre distintas mulleres dos países que estamos a descubrir. Algunhas son as que seguen:


EXIPTO: NEFERTITI E CLEOPATRA
ITALIA: SAMANTHA CRISTOFORETTI
BRASIL: CARMEN MIRANDA E NÉLIDA PIÑON
BETANZOS: SANDRA MOSQUERA, MERCEDES CASANOVA, AMALIA LEIS BUGALLO E MARÍA LUISA COUCEIRO SEOANE
VENEZUELA: JESSICA BRIZEIDA LÓPEZ AROCHA E MILKA DUNO
CHINA: LI-NA E SOONG CHING-LING
MARROCOS: KHADIJA RYADI E NAWAL EL MOUTAWAKEL
PERÚ: CHABUCA GRANDA, MARÍA ELENA MOYANO E BLANCA VARELA
EEUU: EMILY GREENE BALCH, ELLA FITZGERALD E MARY JACKSON

Aquí podedes atopar algunha  información:

HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO

O venres 24 de febreiro alumnas e alumnos do colexio participaron nunha homenaxe a escritora, celebrada no Liceo de Betanzos, organizada polo Concello en colaboración coa asociación Eira Vella.
Clicando aqui podedes ver o programa.
Os vídeos das actuacións podedelos ver no blogue do Equipo de Dinamización Lingüística do colexio Non te cortes coa lingua.



Parabéns polo voso traballo!!!