lunes, 29 de febrero de 2016

SOÑAMOS CON ROSALÍA

Este ano descubrimos que Rosalía de Castro tamén soñaba desperta, igual que nós a través deste poema:

Din que non falan as plantas, nin as fontes, nin os paxaros,
nin a onda cos seus rumores, nin co seu brillo os astros,
dino, pero non é certo, pois sempre cando eu paso, 
de min murmuran e exclaman: 
- Aí vai a tola soñando 
coa eterna primavera da vida e dos campos,
e xa ben pronto, ben pronto, terá os cabelos canos,
e ve tremendo, aterecida, que cobre a xeada o prado.

-Hai canas na miña cabeza, hai nos prados xeada,
máis eu prosigo soñando, pobre, incurable sonámbula,
coa eterna primavera da vida que se apaga
e a perenne frescura dos campos e as almas,
aínda que os uns esgótanse e aínda que as outras se abrasan.

Astros e fontes e flores, non murmuredes dos meus soños,
sen eles, como admirarvos nincomo vivir sen eles?
Rosalía de Castro


Grazas a ela aventurámonos a descubrir o que soñaban, soñaron e soñan aínda os nosos maiores.
Destácovos un. O que soñaban uns avós cando eran nenos. Dí así:  " Cando miña avoa era pequeniña soñaba con ter unha boneca, porque non tiña ningunha, con poder estrear roupa nova, porque tiña a mesma todo o ano, e poder ir o colexio todos os días porque tiña que traballar no campo. Cando meu avó era pequeno soñaba con poder comer froita porque era moi cara e non se podía comprar, poder ter zapatos novos porque tiña unhas alpargatas e montar nun coche porque cando un pasaba polo pobo todos os nenos o seguían por detrás"

GRAZAS, GRAZAS E GRAZAS a todos os que nos abríchedes o voso corazón e compartístedes os vosos soños cos vosos fillos e fillas, netos e netas e con todos nós.

domingo, 28 de febrero de 2016

Día de Rosalía en Betanzos

Un ano máis o Concello de Betanzos e a Asociación cultural Eira Vella organizaron unha homenaxe a Rosalía de Castro na que o noso colexio participou.
Se premedes nas imaxes podedes ver as intervencións de nenos e nenas.

Has de cantar. Alumnado de 2º
Vida de Rosalía. Alumnado de 5º Poemas. Escolma I. Alumnado de 5º Poemas. Escolma II. Alumnado de 5º

Has de cantar

Nenas e nenos de 1º móstrannos as ilustracións que fixeron para a canción Has de cantar, extraída do libro Rosalía pequeniña, de Uxía, publicado por Galaxia.


viernes, 19 de febrero de 2016

Día de Rosalía de Castro

O día 24 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía, data que coincide coa do nacemento da autora no ano 1837.
Para que coñezades a súa vida e a súa obra elaboramos estas dúas presentacións:




Tamén recopilamos varios materiais que elaboraron colexios e outras institucións para que continuedes adentrándovos na figura desta importante escritora.







Biblioteca do CEIP Pilar Maestú Sierra. A Pobra do Caramiñal


Educabarrié

Biblioteca Caracola Tola.

CEIP Alexandre Bóveda

Biblioteca da Caracola Tola




Pasapalabras.genmagic.org
C.P. Nuestra Señora de los Ángeles (El Esparragal-Murcia)

jueves, 18 de febrero de 2016

Rosalía de Castro cantada

Na súa obra Rosalía trata temas universais que trascenden o tempo.
O amor, o desamor, a ledicia, a festa, a beleza, a terra, a emigración, a soidade, …están presentes na súa obra.
Músicos de diferentes estilos interpretaron e seguen interpretando os seus poemas.
Aquí podedes atopar unha escolma:
adios rios-adios fontes a xustiza pola man a viuva airiños
para a Habana bos amores amores cativos meniña gaiteira
pobre Galicia repoludo gaiteiro canto de emigracion Alborada jazz
adios rios-adios fontes 2 airiños-airiños-aires cancion de emigracion-2

martes, 9 de febrero de 2016

DÍA DA PAZ

O venres 29 de xaneiro celebramos o día da Paz e fixémolo seguindo as aventuras de Virutas e Madelen polo País Amarelo, todo dentro do  proxecto deste ano "Para que algo suceda primeiro hai que soñalo".
No País Amarelo descubrimos o millo; millo que nós sementamos e do cal, por arte de maxia, saíron os flocos para COMPARTIR.
Coa colaboración do Concello, algúns de nós compartímolos vendo a película de animación galega "Maimiño".
Eiquí un pequeno resumo.

DÍA DA PAZ on PhotoPeach