Un ano máis conmemoramos o Día do Libro e facémolo como máis nos agrada: lendo e escoitando historias.
Unhas cóntanas os compañeiros maiores, outras contacontos profesionais e outras os propios autores.
Imos enlazar a conmemoración deste día coa do Día da Letras Galegas, con este programa:
- Nenas e nenos colaboradores da biblioteca lerán contos ao alumnado de 5º e 6º de infantil na súa nova "biblio".
- O alumnado de 1º de primaria gozará dos contos que conte Raquel Queizás.
- Os de 2º de primaria encontraranse con Abraham Carreiro.
- Tucho Calvo acompañará ao alumnado de 3º co seu Paxaro de mar e vento.
- Nenas e nenos de 4º realizarán un roteiro literario con Alfredo Erias.
- Ledicia Costas compartirá o seu libro Escarlatina, a cociñeira defunta co alumnado de 5º.
- Charo Anido (mamá dunha nena do colexio) presentará ao alumnado de 6º un conto da súa autoría.
FELIZ DÍA DO LIBRO 2015!
Acaban de incorporarse os novos colaboradores da biblioteca. Trátase de 65 nenos e nenas de 5º.
Primeiro foi a formación: coñeceron as normas que deben observar e as tarefas que teñen que realizar.
Agora xa están colaborando nos recreos, xunto cos compañeiros de 6º.
Dende o ano 1967, o 2 de abril, data do nacemento do escritor Hans Christian Andersen, celébrase o Día Internacional do Libro Infantil co obxectivo de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.
Cada ano, unha sección nacional do IBBY, selecciona a un escritor representativo e a un recoñecido ilustrador do seu país para que elaboren a mensaxe dirixida a todos os nenos do mundo e o cartel que se distribúe por todo o mundo.
Este ano, o país elixido é Emiratos Árabes Unidos. O deseño do cartel é da ilustradora Nasim Abaeian, e o texto, de Marwa Obaid Rashid Ao Aqroubi, destacada figura da literatura infantil no seu país.