miércoles, 28 de octubre de 2015

Lecturas dramatizadas

Unha nova actividade comeza a súa andaina: a cadea de lecturas dramatizadas.
Un día destes os nenos e nenas de 2º A chegarán á clase duns compañeiros (non sabemos a quen elixirán…) para lerlles un conto que lles gusta moito e que prepararon con moito agarimo, deixaranlles o “cofre do tesouro” para que eles elixan outro conto e con quen compartilo, e así continuará a cadea.
Seguramente, ademais do conto, compartirán algún agasallo…
Estade atentos, a ver se conseguimos unha cadea que recorra o cole enteiro!!

2015-10-28 10.44.51 2015-10-28 10.44.10
2015-10-28 10.44.27

lunes, 19 de octubre de 2015

Unha exposición de medo

Neste tempo próximo ao Samaín, podedes atopar unha exposición de libros que tratan o medo, para tremer con el, para espantalo e tamén para rir con el.

Atrevédevos a vir, abride a porta e probade a sentilo...


domingo, 18 de octubre de 2015

Lecturas compartidas

Comezamos unha nova actividade na biblioteca, na que o alumnado de 6º e o de 1º comparten lecturas.
Cada nena ou neno de sexto apadriña a un ou dous de 1º co obxectivo de ir compartindo contos ao longo do curso.
A actividade está organizada por grupos-clase, de xeito que cada un deles tén asignado un día da semana.
Na primeira sesión xuntáronse na biblioteca para coñecerse e preparar o carnet de lecturas compartidas, no que irán rexistrando os títulos e a valoración dos libros que lean.
Están moi contentos e ilusionados con esta aventura, os maiores buscando lecturas que gusten aos peques e estes esperando a ver con que os sorprenden.


 (Música de Pablo Díaz, do disco Tic-Tac)

jueves, 8 de octubre de 2015

Outubro. Mes das bibliotecas escolares

Gústannos os contos porque nos permiten viaxar, pasar medo, conseguen intrigarnos ou prodúcennos risa...
Tamén nos gustan porque nos incitan a pensar...
Este é un deles, fala da biblioteca, que pode ser persoal (para un só e sempre ao noso carón), e pode ser pública, que nos permite acceder a cantidade de materiais e recursos que non sempre podemos ter nas nosas casas.
Escoitádeo:

(Preme na imaxe)