viernes, 31 de mayo de 2013

Visita de Xosé Neira Vilas

O pasado día 24 de maio foi un día especial para o noso colexio: recibimos a visita do escritor Xosé Neira Vilas. O autor de Memorias dun neno labrego e Espantallo amigo explicounos a súa vinculación con Betanzos, onde xa estivo varias veces. Contestou a todas as nosas preguntas de maneira que puidemos coñecer cal foi o proceso creador das dúas obras e ademais as súas opinións sobre temas que teñen que ver con rapaces e  rapazas.
Como agasallo pola súa amabilidade mostrámoslle parte do fruto do noso traballo en forma de obras de teatro e recitado de poemas da súa muller, Anisia Miranda.
Reproducimos nestes vídeos o que foi a xornada, non quixemos recortar nada.


Ao longo do curso foron moitas as actividades que se desenvolveron arredor da súa obra. He aquí algúns enlaces a blogs do colexio onde se recollen:

Blog de infantil

Xa estamos aquí   Xa estamos aquí   Xa estamos aquí

A maxia de aprender

O tinteiro               O tinteiro

lunes, 27 de mayo de 2013

A biblioteca nas II Xornadas de atención á diversidade


Nas recentes Xornadas de formación e sensibilización sobre a atención á diversidade que se celebraron en Betanzos, organizadas polo CFR de A Coruña, a Consellería de educación, as ANPA Brigantium e O Carregal e o CEIP Vales Villamarín, estivo presente a nosa biblioteca cunha mostra dos libros que ao longo do curso empregamos para traballar sobre a diversidade.


 
Na presentación das Xornadas, en colaboración coa biblioteca do CEIP de Oza dos Ríos, repasamos cos presentes todas as actividades desenvoltas ata aquel momento.


sábado, 25 de mayo de 2013

Visita de Ricardo Gómez

O escritor Ricardo Gómez Gil, autor, entre outras obras de Ojo de Nube, visitou a nosa biblioteca.
O encontro co autor forma parte das actividades realizadas dentro do proxecto Escribir como lectores do Club Telémaco, patrocinado pola Fundación SM e coordinado e realizado pola Asociación Española de Lectura y Escritura (AELE).

 


miércoles, 22 de mayo de 2013

Festas do mundo. 2

Premede nas bandeiras para ver a información que nenas e nenos do colexio nos aportan:


Italia
Francia



Colombia
Arxentina
Cuba
México

 



lunes, 20 de mayo de 2013

Festas do mundo. 1

Presentamos os traballos de investigación realizados para coñecer como se celebran as festas (especialmente Nadal e Entroido) en diferentes lugares do mundo.



Gran Bretaña
Suecia





Irlanda

Portugal
Romanía


Suiza

domingo, 19 de mayo de 2013

Procedemos...

No noso colexio somos do máis diverso...
Somos diferentes en canto ás capacidades, ás preferencias e gustos, ao aspecto... e tamén procedemos de moi diversos lugares, védeos aquí:


Pero, recordade: IGUAIS COMA PERSOAS.

miércoles, 8 de mayo de 2013

Tucho Calvo visítanos na biblioteca

Tucho Calvo, editor, periodista e escritor, visitounos para contarnos doutro xeito o libro Paxaro de mar e vento. Reuniuse co alumnado de 2º de E.P.


 
Tucho é, ademáis, autor dos libros para nenos A castaña que chegou a árbore e Gatipedro.

jueves, 2 de mayo de 2013

Encontro con Xabier López

No curso 2011-2012 o escritor Xabier López López visitou a nosa bilioteca para falarnos da súa obra e do seu traballo. Naquel momento leunos, en primicia, un conto que acababa de escribir e ía entregar á editorial para que llo publicaran; agora, en marzo de 2013, o libro víu a luz e puidemos comprobar como se transformaron nun fermoso libro os folios que el nos mostrou.
Xabier acudíu de novo á biblioteca para contarnos como fora o proceso e falarnos do que está a facer.


 
Xabier López López é autor, entre outras obras, dos contos A vella quenlla perdeu os dentes e Son un can!