jueves, 22 de noviembre de 2012

Rap da biblioteca

Durante o mes de outubro invitamos ao alumnado de 3º ciclo de E. Primaria a crear un rap para a nosa biblioteca.

Estes son os resultados:

 
 
 
Outubro: mes das Bibliotecas escolares

Concurso fotográfico "Momentos de lectura"

Co gallo da celebración do mes das biliotecas escolares propoñemos o concurso de fotografía titulado Momentos de lectura, dirixido ao alumnado de 2º ciclo.
Animádevos a participar!!
Clicade na imaxe para coñecer as bases do concurso.

lunes, 12 de noviembre de 2012

De como Leo chegou á nosa biblioteca

Había unha vez un rato que se chamaba Leo e vivía nun tobo do bosque.
Un día decidiu ir a unha biblioteca. Quería aprender a ler porque lle gustaban moito os libros,
sobre todo os de aventuras e os de piratas.
Por cerca da súa casa pasaba o tren, así que se subíu a el e emprendeu a viaxe en busca da
biblioteca. Baixouse cando chegou á estación de Betanzos porque a súa nai lle falara dunha biblioteca que había alí.
Púxose a andar e andar pero non a atopaba, viu o que parecía un colexio, e, como estaba
despistado, preguntoulle a outro rato co que se cruzou se sabía que era aquelo. O rato díxolle que era o colexio Vales Villamarín.
Subiu entón pola parede e foi vendo aulas con nenos e profesores. Entrou por unha ventá que estaba aberta e descubriu unhas pegadas vermellas, seguiunas e atopou a biblioteca.
Ao chegar alí empezou a ver moitos contos e escolleu un de aventuras como os que lle contaba a súa nai de pequeno. Viaxou con el grazas ás imaxes porque aínda non sabía ler.
Un día chegou unha profesora, ao velo díxolle:
- Non te vaias! Non te vaias! Como te chamas?
- Eu chámome Leo, e ti?
- Eu chámome Raquel. Que fas ti por aquí?
- Quero aprender a ler, poderiasme ensinar?
- Si, que conto queres?
- Un de ratos, coma min, pero que sexa un pouco fácil, porque aínda non sei ler...
Co tempo Leo aprendeu a ler e un día preguntoulle á profe:
- Podo quedarme aquí para ler as historias que veñen nos contos?
- Si, por suposto, podes quedarte ata que queiras -díxolle a profe.
- Xenial!- Pero, os nenos deste colexio non se asustarán ao verme?- dixo o rato.
- Non, tranquilo, xa eu te presento a todos.
Pouco a pouco Leo foi facéndose amigo de todos e agora vive moi feliz na biblioteca.

 
Texto: nenos e nenas de 2º A e B
Debuxos: 2º D
 
Outubro: mes das Bibliotecas escolares

lunes, 5 de noviembre de 2012

Outubro: mes das Bibliotecas Escolares

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Día da Deficiencia Auditiva en E. Infantil

CLICA NA IMAXE PARA VER O VÍDEO
DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE AUDITIVA

Día Internacional da Deficiencia Auditiva

NO VALES,  TI VALES

NO VALES, VALEMOS TODOS

Para as persoas oíntes é moi fácil entender qué significa oír pero non tanto comprender qué significa non poder facelo, qué implicacións ten no desenvolvemento, na relación coas persoas e o entorno.
Co motivo da celebración do Día Internacional do Deficiente Auditivo  pretendemos achegarnos ao mundo que rodea ás persoas xordas, á súa problemática, necesidades…
As deficiencias auditivas, tamén denominadas pérdidas auditivas ou hipoacusias, ocorren cando hai un problema nos órganos da audición. Unha persoa cunha deficiencia auditiva pode ser capaz de oír algúns sons ou pode non oír nada en absoluto. A palabra deficiencia significa que algo non está funcionando correctamente ou tan ben como debería.
As dificultades dos xordos non lles afecta por igual á totalidade dos mesmos. As súas diferencias individuais xurden da combinatoria dunha serie de variables persoais (inicio da xordeira, momento de detección, grado da xordeira, localización da lesión, etioloxía) e de contexto (ambiente familiar e escolar)
Precisan de axudas técnicas que faciliten a audición e percepción dos sons e a fala como os audífonos e/ou implantes cocleares e, para comunicarse, soen apoiarse na lectura labial e nos sistemas alternativos e aumentativos de comunicación como o sitema bimodal, a palabra complementada, a linguaxe de signos...
A Fada Mariña, viaxando polo mundo descubriu un montón de contos interesantísimos para traballar nas aulas dos máis pequenos todos estes aspectos. Aquí tedes a relación, moitos deles os podedes atopar en internet:






O venres 28 os máis pequenos do cole irán á biblioteca para escoitar “COSITA LINDA” de ANTHONY BROWNE e celebrar este día con esta e máis actividades. Esperamos que vos guste.




Despois traballaremos o alfabeto dactilolóxico e aprenderemos a dicir o noso nome  coa obra "Escucha mis manos" de Alvarito Cuevas.




E cantaremos a canción de Macaco "Marea de gente" axitando as nosas mans de cores.




TODOS DIFERENTES, TODOS IGUAÍS.
Equipo de Biblioteca e Departamento de Orientación.